A FGS estrea a súa nova web



Despois de moitos anos esperando a Federación Galega de Surf estrea a súa nova web, unha web que pouco a pouco irá collendo máis forma. A partir do 1 de Xaneiro teredes activo o apartado FEDÉRATE, onde poderedes federarvos na categoría correspondente. E recibiredes, vía email o voso carnet  federativo pouco despois de que completedes a vosa inscrición.

Pasos a seguir pra sacar a licenza federativa 2021 online:

1º- Darvos de alta como usuarios

2º- Federarse na categoria correspondente.

No apartado"FEDÉRATE" tamén se poden dar de alta os CLUBES/ESCOLAS de valde, estas poderán federar no apartado "CURSIÑO" os seus socios por un mes, esta categoria é só para CLUBES/ ESCOLAS, e terán que notificar esto no Whatsapp da FGS 652 44 58 06. Se o clube/escola non está dado de alta, se fai na web de valde, calquera dúbida no Whatsapp da FGS 652 44 58 06

No apartado "DESCARGAS" poderedes atopar as novas pólizas de seguros e protocolos de actuación no caso de accidente.

Pouco a pouco actualizaremos a nosa web ó 100%, polo que vos pedimos paciencia.

Recordamos que a sección administrativa da federación atópase de vacacións ata o día 13 de Xaneiro, polo que si xorde alguha urxencia podedes poñervos en contacto con nós no Whatsapp da FGS 652 44 58 06.

Dende a FGS desexamos que o ano 2021 sexa un ano de moi boas ondas.

Podedes visitar a nova web en: https://my.fgsurf.org


Artigos recentes:

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.