FGS - Comunicado deporte federado

Achego enlace ao DOGA e a comunicación do noso gabinete xurídico a modo de interpretación das medidas que serán vixentes dende hoxe ata o vindeiro 17 de febreiro.

Decreto 8/2021 e Orde o 26 de xaneiro de 2021

Dende a Federación Galega de Surf estamos en contacto coa Secretaría Xeral para o Deporte no que respecta ao tratamento das novas limitacións que atinguen ao noso deporte. Trala publicación do Decreto 8/2021, do 26 de xaneiro e a Orde que o desenvolve, podemos facer as seguintes consideracións:

  • Quedan restrinxidas a entrada e a saída de persoas do ámbito territorial de cada un dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia considerados individualmente, polo que os deportistas non poderán desprazarse cambiando de Concello.
  • No territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, a permanencia de grupos de persoas en espazos de uso público, tanto pechados como ao aire libre, e en espazos de uso privado quedará condicionada aos constituidos exclusivamente por persoas conviventes, polo que a actividade de escolas de surf terá que verse suspendida.
  • Quedan suspendidas as competicións deportivas de nivel autonómico.
  • Os correspondentes adestramentos só poderán realizarse dentro do propio concello, ao aire libre de forma individual (con persoas conviventes) e coa utilización de máscara. A este respecto, dende a Secretaría Xeral para o deporte infórmannos de que no caso do Surf, lóxicamente non será necesaria a utilización de máscara dentro da auga, se ben cómpre aumentar a distancia de seguridade entre deportistas.
  • Non se poderán realizar adestramentos pautados de nivel autonómico ou local entre persoas non conviventes.
  • As competicións deportivas federadas de nivel nacional e os seus adestramentos desenvolveranse de acordo co establecido pola Administración competente e de conformidade coas limitacións establecidas nos protocolos federativos correspondentes.
  • A eficacia das medidas previstas neste decreto comezará ás 00:00 horas do día 27 de xaneiro de 2021 e terminará ás 00:00 horas do día 17 de febreiro de 2021.

Seguiremos informándovos das novidades das que teñamos coñecemento.

Boas ondas!


Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.