Aprazado o Campionato de Surf no Grove

Convocada a 1ª Proba do Circuito Open de Longboard e Paddleboard na Praia de A Lanzada (O Grove), sentimos comunicar que a proba tera que ser aprazada, xa que as condicions do mar non se presentan nada favorables, os partes desta semana son moi negativos vendo as condicions imposibles para poder realizar o campioanto.

Así que moi ao noso pesar, a Federación e o clube organizador, neste caso Raspas Corchos club e Piratas Paddlesurf club, decidimos aprazar a proba en A Lanzada (O Grove) para o seguinte fin de semana, 7 e 8 de Abril.

Polo tanto, o prazo de inscricion segue aberto para os interesados en anotarse.

Coma sempre o xoves antes da competición (xoves 5), cerrase o prazo de inscricion, e o venres publicarase o horario da proba e as mangas.

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.