2ª Proba do Circuito Galego 2012 Infantil e Xuvenil en Patos, 14 e 15 de Abril

A vindeira fin de semana 14 e 15 de Abril, celebrarase a 2º proba Infantil e Xuvenil do Circuito Galego 2012 na praia de Patos no Concello de Nigrán. As inscripcións xa están abertas, o número de inscritos limitaráse os 120 primeiros. O venres confirmarase o número de inscritos.

Lembra que o xoves, ás 13 horas, é o último día para facela inscripción e o pago mediante ingreso ou transferencia bancaria ademáis da autorización paterna e o formulario de dereitos de imaxe firmados. O día do campionato non se poderá federar, nin inscribir, nin facer o pago do mesmo.

CATEGORIAS:

Infantil (nados do 1998 en adiante) e Xuvenil (nados do 1994 ao 1997). Só se poderá competir nunha categoría; permitindo, excepcionalmente, aos 8 primeiros clasificados en infantil do ranking do 2011, competir en xuvenil.   

MODALIDADES: Surf e Bodyboard (só se pode competir nunha modalidade).

PREMIOS: Trofeos para os 4 primeiros clasificados de cada categoría.

PREZO: 8 € para os competidores que asistan “con técnico” e 12 € para os que asistan “sin técnicos”

PAGO DAS INSCRIPCIÓNS:

Ingreso na conta de Caixa Galicia: 2080-0567-04-3040003179  antes do Xoves 12 de Abril as 13:00 horas

INSCRIPCIÓNS:

Debedes enviar o xustificante de pago, o formulario de dereitos de imaxe e a autorización paterna por fax o número: 981 72 01 18 e un e-mail (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.) á Federación Galega de Surf cós seguintes datos:

1º) Clube
2º) nome competidor
3º) dni
4º) modalidade
5º) categoría
6º) nº de licenza
7º) nome do técnico (se fose o caso).
8º) teléfono de contacto.

Nota importante: Os competidores que vaian acompañados por un técnico, será este o que faga o check in do competidor. Do contrario, o competidores tera que aboar a diferenza da inscricion.

PECHE DAS INSCRIPCIÓNS: Xoves 12 de Abril as 13:00 horas.

Máis info en: www.fgsurf.org

Federación Galega de Surf

Rúa Fotógrafo Luís Ksado, 17 - Oficina 17 - 36209 VIGO - Galicia
Escola unitaria de Beo s/n Lugar de Beo - 15113 MALPICA - Galicia
Tel. 986 239095-981 720118 Fax. 981 720118 Email. Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.


Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.