Luís Rodríguez vence na proba de surf en Pantín: Fotos e Resultados

O rider ferrolán Luís Rodríguez venceu na proba do Circuíto Galego Open de Surf desputado o pasado sábado na praia de Pantin nun lombo pequeno que foi baixando de tamaño a medida que discurría a competición. As semis e a final celebraronse nun dobre pico perto da orilla pero que daba esquerdas e dereitas pequenas pero xeitosas con algo de duración. Hai que destacar a boa actuación de Pablo Montero (4º), Chumi (3º) e Miguel Pérez (2º) que chegaron a final.

Nas semifinais estiveron na auga míticos surfeiros da costa como Oscar 'Tuberías' Prieto, Marcos Heinrich, Nico Pérez e Martín Cortijo. As rapazas tiveron unha final a cinco na que Erika Franco (1º) non tivo competencia e soamente Paula Paz (2º) fixo un par de boas ondas. Isabel Gundín foi tercera, Alba Rodríguez cuarta e Blanca García (5º).

As mellores ondas foron a primeira hora do día e soamente os máis madrugadores puideron disfrutar dun metriño glassy en sesión ceibe. Bo ambiente na caseta do Pantín Surf Camp, organizador do evento, e na praia poucos espectadores nun día de verán esplendido no que disfrutamos dunha boa paella a conta da casa e bañamonos na praia máis surfeira da nosa costa.

Moitas gracias a Pantín Surfcamp por todo!


Tedes todas as fotos do sábado na galería de abaixo:

{artsexylightbox path="images/stories/surfNoticias/2012/pantin2012" previewWidth="128" previewHeight="95"}{/artsexylightbox}


Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.