FGS - O domingo daba comezo a 2º proba do Circuíto Galego junior na Praia de Patos, Nigrán. O domingo foi a quenda para a modalidade de bodyboard tanto a categoría sub16 como a sub 18, en surf foi a quenda para os máis maiores desta modalidade, sub18 masculino, sub18 feminino e tamén sub16 masculino. A xornada empezaba con vento cruzado bastante forte e con ondas de aproximadamente medio metro e acabou con ondas dun metro pasado, a choiva e o sol sucedíanse constantemente e o vento foi cesando a medida que avanzaba o día. As mellores condicións de ondas déronse coa marea alta coincidindo co inicio e co final da xornada.
O nivel dos competidores foi moi alto, víronse mangas moi rifadas con continuos cambios de posición e decidíndose quen pasaba as semifinais practicamente sobre o son da bucina. En Sub18 feminino a vitoria foi para Lola Bermúdez impóndose ante os seus rivais durante toda a final.
As finais das categorías sub 16 e sub 18 masculino estiveron moi rifadas con constantes cambios de posición durante toda a manga con puntuacións moi igualadas entre todos os finalistas, pero sempre hai un gañador e así se proclamou Quique Conde campión en sub 16 masculino .
Na categoría sub 18 Saúl Carreira levou o primeiro posto durante os últimos minutos xa que foi unha final moi apertada na que as puntuacións dos 3 primeiros clasificados quedaron en décimas de diferenza. Na modalidade de Bodyboard o ferrolán Bruno Martín fixo dobrete levándose a vitoria na categoría sub 16 e en sub 18.
O luns foi a quenda para os máis pequenos, o sol e as ondas acompañáronnos durante todo o día, as condicións de ondas estaban mellor que o día anterior xa que o vento desaparecera, á primeira hora houbo ondas de case un metro e a medida que avanzou a xornada o tamaño foi baixando ata o medio metro. De novo Lola Bermúdez levou a vitoria, pero esta vez na categoría sub16 feminino. En sub 14 masculino Sebastián Bamonde proclamouse campión mentres que en sub 14 feminino Pilar Viana ,local da praia, fíxose co primeiro posto.
Na categoría sub 12 mixto Afasto Ferreiro levou a vitoria.
Resultados das categorías:
SURF SUB 12
1º ALEJO FERREIRO
2º SEBASTIÁN BAMONDE
3º MARTÍN FERNANDEZ
4º SAMUEL MARTÍNEZ
SURF SUB 14 CHICAS
1º PILAR VIANA
2º CANDELA VILARIÑO
3º CARLA GONZÁLEZ
4º JUDITH SOTO
SURF SUB 14 MASCULINO
1º SEBASTIÁN BAMONDE
2º MANUEL FERNÁNDEZ
3º ALEJO FERREIRO
4º PAUL BONEIL
SURF SUB 16 CHICAS
1º LOLA BERMÚDEZ
2º CARLOTA BARRERAS
3º CARLOTA CARAMELO
4º JUDITH SOTO
SURF SUB 16 MASCULINO
1º QUIQUE CONDE
2º MANUEL FERNÁNDEZ
3º JORGE SUÁREZ
4º PEDRO SUÁREZ
SURF SUB 18 CHICAS
1º LOLA BERMÚDEZ
2º MARTINA ÁLVAREZ
3º CARLOTA BARRERAS
4º OLGA CARPIO
SURF SUB 18 MASCULINO
1º SAÚL CARRERA
2º BORJA MALVAR
3º IGNACIO GUISASOLA
4º QUIQUE CONDE
BODYBOARD SUB 16
1º BRUNO MARTÍN
2º RAÚL VILA
3º UNAY AMENEIROS
4º IAGO BERTALO
BODYBOARD SUB 18
1º BRUNO MARTÍN
2º RAÚL VILA
3º JAVIER FIDALGO
4º JAVIER M. PANTÍN
5º UNAY AMENEIROS
Tedes + fotos do evento en: Jota Foto Surf
https://www.facebook.com/Jotafotosurf/photos/?tab=album&album_id=1287162358068925
{fcomments}