O 27 e 28 de abril disputouse na Praia de Bastiagueiro, A Coruña, a segunda proba do Circuíto Galego de Surf e Bodyboard, este vídeo é un resumo da xornada. Parabéns a todos os gañadores e grazas a todos os que viñestes polo voso apoio.
Evento organizado pola Federación Galega de Surf, Prado Surf Escola e o Concello de Oleiros. Grazas aos colaboradores Mercedes- Benz Louzao, Solo Imprenta, Hi Surf e Alumisel.