Resumo da 3º Proba da liga Galega Junior de Surf 2021 na Praia de Caión, organizada por Prado Surf e a Federación Galega de Surf. Esta terceira proba da liga Galega Junior Surf era puntuable para o circuíto nacional, polo que durante o sábado e o domingo atopáronse na auga máis de 180 surfeiros chegados de toda España.
A proba foi organizada pola Federación Galega de Surf, Prado Surf Escola e os concellos da Laracha e Arteixo.