Convocada para esta fin de semana, 19 e 20 de Xuño na praia de Caión, a 3ª Proba Liga Galega Junior de surf e bodyboard organizada pola Federación Galega de Surf, Prado Surf Club e o Concello de A Laracha.
CATEGORÍAS:
SURF
- Sub 12 feminino (nadas ata 2009)
- Sub 12 masculino (nacidos ata 2009)
- Sub 14 feminino (nadas en 2007 e 2008)
- Sub 14 masculino (nacidos en 2007 e 2008)
- Sub 16 feminino (nadas en 2005 e 2006)
- Sub 16 masculino (nacidos en 2005 e 2006)
- Sub 18 feminino (nadas en 2003 e 2004)
- Sub 18 masculino (nacidos en 2003 e 2004)
PREZO:
Junior:
15 € / categoría para os competidores que asistan “con técnico” ESCOLAS OFICIAIS FGS*
25 € / categoría para os que asistan “sen técnicos” CLUB / SEN CLUB*
PECHE DAS INSCRICIÓNS PARA O CAMPIONATO: Xoves 17 de xuño ata as 12.00 h.
Nota importante: Os competidores que vaian acompañados por un técnico, será este o que faga o checkin do competidor. Pola contra, os competidores terán que abonar a diferenza da inscrición.