Convocado o Campionato Galego Junior en Caión de surf e bodyboard na praia de Caión, no Concello de Laracha, esta fin de semana. Xa te podes inscribir online na web de FGS ata o xoves 16 de decembro de 2021 ás 11.30h. No caso de aprazamento do campionato devolverase o importe íntegro. Máximo de 1 categoría a elección do deportista.
Recordade que para participar neste campionato debes ser galego e ter licenza federativa coa Federación Galega de Surf. Este ano contamos con novo regulamento por equipos, aprobado na asemblea do 25 de Agosto de 2015 que contará do seguinte:
- As categorías existentes serán as do ano actual do circuíto galego.
- No campionato galego por clubes so puntuaran os 4 finalistas de cada categoría.
- A puntuación dos finalistas será multiplicada polo coeficiente proporcional de inscritos da mesma categoría (a máis competidores inscritos nunha categoría o coeficiente será maior).
- Informarase do coeficiente de cada categoría no peche das inscricións.
- En cada categoría teremos un mínimo de 6 inscritos .
CATEGORÍAS:
SURF
- Sub 12 mixto
- Sub 14 feminino
- Sub 14 masculino
- Sub 16 feminino
- Sub 16 masculino
- Sub 18 feminino
- Sub 18 masculino
Bodyboard
- Sub 18 (se contamos con inscritos suficientes)
PREZO:
Xuvenil:
15 € / categoría para os competidores que asistan “con técnico” ESCOLAS OFICIAIS FGS*
25 € / categoría para os que asistan “sen técnicos” CLUB / SEN CLUB*
* Recorden que se debe abonar tantas inscricións como categorías nas que se compita.
PECHE DAS INSCRICIÓNS PARA CAMPIONATO: VENRES 17 ata as 11,30h
Nota importante: Os competidores que vaian acompañados por un técnico, será este o que faga o checkin do competidor. Do contrario, o competidores terá que abonar a diferenza da inscrición.
Tedes toda a info en:
#surfgalicia