(APRAZADA) A fin de semana do 27 e 28 de Xuño terá lugar a segunda proba do Circuito Galego Caixa Galicia de categoría Xuvenil. As inscripcións xa están abertas, o número de inscritos limitaráse os 140 primeiros. Lembra que o xoves as 13 horas é o último día para facela inscripción e o pago mediante ingreso ou transferencia bancaria. O día do campionato non se poderá federar, nin inscribir, nin facer o pago do mesmo. ¡Se queres competir inscríbete xa!
Circuito Galego Caixa Galicia 2009 >>>
CAMPIONATO: 2º Proba Circuito Galego Caixa Galicia infantil e xuvenil de surf e bodyboard.
ORGANIZA: Clube Sandspit e Federación Galega de Surf.
COLABORA: Caixa Galicia, Coca-cola e Concello de Arteixo.
DATA: 27 e 28 de Xuño.
LUGAR: Praia de Sabón (Arteixo).
CATEGORÍAS: Infantil e Xuvenil.
HORA: Confirmación de inscricións polo técnico do clube o sábado de 09:00 a 09:30 horas na praia. E ás 10:00 horas aproximadamente comezo da competición.
MODALIDADES: Infantil (nados do 1994 en adiante) e Xuvenil (nados do 1991 ao 1993). Só se poderá competir nunha categoría; permitindo, excepcionalmente, aos 8 primeiros clasificados en infantil, competir en xuvenil. MODALIDADES: Surf e Bodyboard (só se pode competir nunha modalidade).
PREMIOS: Trofeos para os 4 primeiros clasificados de cada categoría.
PREZO: 10 €
PAGO DAS INSCRIPCIÓNS: Ingreso na conta de Caixa Galicia: 2091-0567-74-3040003179 antes do Xoves 24 ás 13:00 horas.
INSCRIPCIÓNS:
Debedes enviar o xustificante de pago por fax o número: 986 29 93 78 e un e-mail (
1º) Clube
2º) nome competidor
3º) dni
4º) modalidade
5º) categoría
6º) nº de licenza
7º) nome do técnico (se fose o caso).
8º) teléfono de contacto.
PECHE DAS INSCRIPCIÓNS: Xoves 25 de Xuño as 13:00 horas.