Lamentamos comunicarvos que unha vez consultada a previsión meteorolóxica, e vendo na praia as ondas que hai hoxe, vémonos obrigados a aprazar a proba prevista para este fin de semana en Sabón (Arteixo) dado que todas as previsións apuntan a que non haberá as condicións necesarias para a práctica do surf.
A nova data prevista está por determinar, pero intentarase facer ao largo do mes de Xullo. A continuación mostrámosvos unha fotografía tomada esta mesma mañá das insólitas condicións na praia de Sabón, unha das praias con maior regularidade de ondas durante todo o ano.
As personas que xa fixeran o ingreso e enviaran a súa inscripción, quedan xa inscritas automáticamente para a nova data. No caso de que non puideran participar deberán comunicarllo a FGS
Máis info en: www.fgsurf.com