Circuito Galego 2009 Malpica [VIDEO]

Jansolo ven de publicar o video da I Caldeirada de Surf celebrada en Malpica e 3ª proba do circuito galego de surf e longueirón 2009. Ondas de medio metro sen vento e parte dos mellores surfeiros galegos nun video que amosa a perfecta integración da vila mariñeira de Malpica e o surf. Un pequeno paraiso da nosa costa. Por certo, Pablo Romero "Occy" e José Antonio Varela son os novos campións galegos de surf e longueirón 2009.

Blog de Jansolo: http://cuadernodealejandro.blogspot.com/2009/12/campeonato-de-surf-gallego-malpica-2009.html

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com