
O campión de surf Pablo Solar, estivo o 6 e 7 de Setembro nas infraestruturas do Artsurfcamp na Praia de Razo. Pablo é un dos mellores profesionais que ten o surf e compite habitualmente nas competicións internacionais.
Ademais tiveron a gran sorte de contar cunhas ondas de excepción na Costa da Morte e puido facer unha exhibición nas praias de Seaia, Malpica e Razo que deixou pampos a mais dun. Pablo ficou impresionado co potencial de ondas da zona e a gran riqueza gastronómica que temos.
