O Campión de Surf Pablo Solar estivo no Artsurfcamp

O campión de surf Pablo Solar, estivo o 6 e 7 de Setembro nas infraestruturas do Artsurfcamp na Praia de Razo. Pablo é un dos mellores profesionais que ten o surf e compite habitualmente nas competicións internacionais.

A súa visita consistía en dar unhas clases de surf aos alumnos de Art surfcamp e compartir con eles a súa dilatada experiencia que adquiriu desde os seus comezos. Como o ben dicía xa leva máis de25 anos dedicados enteiramente ao surf e tan só ten 34. Quen mellor que el para ensinar todo o necesario para perfeccionarse nun deporte tan complexo e arriscado como o surfing.

Ademais tiveron a gran sorte de contar cunhas ondas de excepción na Costa da Morte e puido facer unha exhibición nas praias de Seaia, Malpica e Razo que deixou pampos a mais dun. Pablo ficou impresionado co potencial de ondas da zona e a gran riqueza gastronómica que temos.

 

 

 

 

 
Manuel Alonso, Pablo Solar e Pablo Rodriguez
Artigo enviado pola xente de ArtSurfCamp
Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.