Dende o blog do Patos Surf Clube chega a nova de que este luns 12 de xaneiro retransmitirase no programa da TVG "Acompáñenos" unha entrevista a Gony Zubizarreta, un dos maiores expoñentes do surf galego.
Unha entrevista na que Gony explica á xornalista unhas nocións básicas de surf. Despois da entrevista acompáñanos á escola de surf e coméntanos que está moi atarefado nestes comezos de tempada. Sesións de fotos, entrevistas e competición en Florida nos próximos días.
Esperamos ansiosos velo no mais alto dos podios e paso a paso ir conseguindo unha praza no WCT. Desde o Patos Surf Clube desexámosche moita sorte para esta nova tempada 2009.