Gony prepárase para o WQS 2009

Segundo aparece no web da ASP Gony está a preparar a súa volta aos campionatos WQS. O surfeiro vigues de 23 anos, que acadou a posición 33 no ASP WQS no 2008 a pesar de estarlesionado parte do circuito, é un dos grandes favoritos para entrar no ASP World Tour e conseguir por primeira vez na historia que un galego compita ao máximo nivel no mundo do surf.

Segundo conta Gony no artigo publicado, en xaneiro pillou malas ondas en Portugal. Estivo en Ericeira con Marlon Lipke e Aritz Aranburu despois de conducir 4 horas e sacar unhas fotos con Carl Steindler e Lars Jacobsen. Primeiro estiveron en Praia Azul wonde surfearon unha boa barra de area.  Logo en Pedra Blanca  onde colleron o mar sen vento e moi surfeable. Estivo divertido e bo ambiente local. Cando a marea baixou marcharon pra Coxos e surfearon ata o anoitecer .

"Estaba moi contento de surfear cos meus amigos esas boas ondas. Estar na casa no é o mellor cando queres mellorar. Logo marchei a Florida para competir no primeiro WQS, que non me foi demasiado ben. Despois diso fun a New York a coñecer a cidade e o seu surf. Paseino moi  ben e surfei ondas a dúas hora da cidade do estilo de Capbreton."

"Agora veño de regresar de surfear nas Baleares que tivo boas ondas este inverno. Pasei catro días alí con José María Cabrera e Oscar Vales surfeando boas ondas. Pablo Martinez sacou unha boas fotos e o artigo estrá no vindeiro número da Surfer Rule. A illa de Menorca é abraiante, moi bonita e os locais forn moik amables. Onte lesioneime o nocelo de novo cando aterrei dun frontside air. Teño que regresar ao hospital de novo."

"O meu plan agora mesmo é entrenar duro na casa ata o 25 de xaneiro. Se o meu nocelo está ben, entón marcharei de viaxe a Hawaii pra sacar fotos con José Maria Cabrera para Volcom antes de regresar aos campionatos WQS 6 estrelas en Australia e Tasmania."

Gony Zubizarreta

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.