Non máis berros! Si máis sorrisos! - Toni Varela

Antonio Varela - Esta fin de semana Nemiña agasallounos de novo ondas perfectas, puiden disfrutar duns dos mellores baños da miña vida. Nemiña rompía limpo, azul cristalino, o tamaño perfeto para deixarse esvarar cun tablón e danzar cómodamente. Porque as mellores ondas son as mais dexesadas por un mesmo. Dou grazas cada día por vivires tan preto deste paraíso, da terra e océano da miña queridísima Costa da Morte, a miña Galiza.

Antonio Varela Surf

Por iso pídolles a aquela xente que se cre dona da auga, que vense con mais dereitos cós demais, a esas persoas pídolles respeto. Pídolles que non levanten a voz en conflitos absurdos. Pídolles que miren ó seu redor e que vexan que están nun dos lugares máis fermosos que a natureza nos dou, e que ademáis somos afortunados e podemos disfrutar delo, que nos tocou vivir neste mesmo paraíso. A estas persoas pídolles que non berren anoxadas, que se desexan descargar os seus enfados que o fagan onde os demais non os escoitemos. Que a súa liberdade remata onde comeza a dos seus irmáns, porque todos somos fillos dunha mesma natureza que a min gústame chamarlle Deus.

E tamén pídolles que se miren a si mesmos e que vexan que ninguén ten a culpa, que esas persoas anoxadas son as primeras víctimas e que xeneran una incómoda situación para todos, que ninguén nace aprendido e non todos perseguemos os mesmos obxetivos, que se queremos paz nos picos e preciso praticala. Reclamo o meu dereito de escoitar o son das ondas ronpendo e que os únicos berros que se sintan sexan de felicidade e diversión, porque a eso é polo que imos a auga cada día, buscando armonizarnos co océano, buscando o estado de presenza, surfeando deixamos de existir por un momento e sentirmos únicos.

Tamén pido a todas aquelas persoas que lles molesta tanto coma min que non calen e reivindiquen o seu dereito da paz na auga e o son das ondas.

NON MÁIS BERROS!!! SI MÁIS SORRISOS!!!

Un texto de Antonio Varela, surfeiro, longboarder, shaper, arroaz, speaker, pintor, músico e moito máis...

Antonio Varela Surf

{fcomments}

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.