Aquí tedes algunhas fotos de Derick Rey, surfeiro venezolano nacido en Caracas e afincado nas Rías Baixas dende o ano 1998, feitas por Nacho Morán estes últimos meses en diferentes spots da nosa cosa.
A onda preferida de Derick é a pequena cala ao carón de Prado, en Nigrán, e moi perto da praia de Patos onde exerce de adestrador do equipo de Prado Surf dende hai tres anos.
Actualmente conta cos apoios de Styling Surfboards, Waira e Franklin&Marshall pra poder competir no circuito Galego na categoría Master no que sempre fai moi bos resultados.
Tedes + fotos de Derick en:
https://www.facebook.com/media/set/?set=a.10153619127405569.1073741924.573940568&type=3
Moitas grazas a Nacho Moran Cuadrado por compartir o seu traballo na nosa web.
{fcomments}