Tras 10 anos á fronte da Delegación de Surfrider Foundation en Galicia, Jesús Busto dimitiu do seu cargo con obxecto de dar paso a novas enerxías e ideas na delegación galega da organización ecoloxista.
Deste xeito péchase a etapa de implantación da organización na nosa comunidade. Na próxima Asemblea Xeral da organización, que se celebrará o día 24 de abril en Biarritz (Francia), será posiblemente elixido o novo representante galego da Surfrider Foundation.
O Océano Surf Club continuará coas actividades ambientais que a organización desenvolveu até a data na comarca de Ferrolterra.
--------
Entrevista a Jesús Busto na "Voz de Galicia"
http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2009/01/10/0003_7451506.htm?idioma=galego