Dani Almeida ven de publicar no seu blog Surfing life by Dani unhas fotos dunha sesión tow-in na nosa costa. No seu artigo podedes mirar máis dunha ducia de boas fotos de dous surfeiros Keko e Dani. Jonás levaba a moto de auga pra remontar ata o pico afastado a un kilómetro da costa.




Na seguinte ligazón tedes todas as fotos e a crónica desta aventura:
Dende SurfGz.com queremos parabenizar a Dani pola excelente calidade do seu traballo.