Despois de catro días de surf nas mellores ondas da illa de Fuerteventura, o rider galego Gony Zubizarreta venceu na primeira proba da Supercopa 2010/11 organizada pola FES. En semis Gony eliminou ao canario Jose María Cabrera, e na final tivo enfronte ao seu amigo Jonathan González. Foi unha final moi disputada, cada un dos finalistas escolle un pico diferente na praia do Hierro, Gony elexiu a esquerda e Jonathan a dereita. Foi unha decisión acertada.
Noraboa Gony!
Tedes toda a crónica enteira da proba e máis fotos en:
http://gonyzubizarreta.blogspot.com/2010/12/supercopa-de-espana.html
http://fesurf.net/fes2009/index.php?option=com_content&task=view&id=770&Itemid=1