O II Trofeo San Lourenzo por fin tivo lugar na praia de Peizas, en Foz, despois de varios intentos fallidos por mor das malas condicións atmosféricas. Segundo nos comentou Brais Ledo, o presi do Clube Surfiños, o pasado sábado 18 celebrouse cun día de sol, lixeiro vento de terra (suroeste), ondas de metro e medio e incluso con series algo máis grandes, moi bo ambiente e sobre todo con moitas ganas de pasalo ben! Resultado: Un día estupendo con un baño estupendo!. Fotos de Hugo dos Santos e de Santi Otero.
Jorge Villamil
Jorge Nuñez - 5º clasificado
Resultados Surf:
Jorge Villamil (Tapia de Casariego)
Kike Lombardía (Tapia)
Jairo Barral (Foz)
Manuel Mariño (Viveiro)
Resultados Bodyboard:
Jorge Miniño (Pontevedra)
Ciro Barcala (Pontevedra)
Javi Pazos (Pontevedra)
Brais Ledo (Foz)
Resultados Expression Session:
Xavi Alonso e Carlos Pérez, ambos locais de Foz.
Brais Ledo
Nacho
Kike Lombardía
Javi Pazos
Kike Lombardía
Jorge Villamil
Praia de Peizás
Dende o Clube Surfiños queremos agradecer especialmente a colaboración e a axuda prestada a Holaola Ribadeo, THC Viveiro, Palagua Foz, Namarinos, La Quinta e Pastelería Anduriña, así como á Diputación de Lugo e ó Concello de Foz que puxeron á nosa disposición todos os medios posibles para poder organizar dito evento.
http://www.facebook.com/home.php#!/group.php?gid=10150148781500595