Km.0 Surfcamp! O mellor Surf na Mariña do 11 ao 13 de Marzo

O Km.0 SurfCamp é un novo evento surfeiro galego que vai ter lugar na Mariña. Neste evento van participar 12 riders estatais de prestixio internacional os días 11, 12 e 13 de Marzo e vas poder estar na auga con eles e seguilos polo seu percorrido en busca das mellores ondas na costa da Mariña. Podedes seguir as novidades deste evento no seu blog e no seu facebook.

Surfeiros participantes:

  • Hodei Collazo
  • Gony Zubizarreta
  • Adur Letamendia
  • Jaji Iglesias
  • Ivan Villalba
  • Pablo Solar
  • Indar Unanue
  • David Sastre
  • Jonathan Gonzalez
  • Pablo Romero
  • Pablo Gutierrez
  • Kepa Acero

Info oficial do evento:

O venres 11 de marzo, ás seis da tarde, arrincaremos este evento presentando os participantes ante os medios de comunicación no Hotel Fogar do Mariñeiro (Ribadeo).

O sábado 12 de marzo, todos madrugaremos para saír de Ribadeo e poder gozar de praias tan incribles como as Catedrais (Ribadeo). Alucinarás coa Expression Session (esta web informará en tempo real das localizacións dos surfers). E haberá premios non só para o “prol”, senón para os máis atrevidos… Anímache a participar!

Se o teu é o Camiño de Santiago, a partir das cinco da tarde percorre o tramo de illa Pancha até o albergue de Peregrinos con todos nós (esta vez sen prnacha de surf, por favor!). E despois, para relaxarnos, a partir do seis e media comezará a demostración de wake-surf nocturno na ría de Ribadeo.

Como fin de festa, ás nove e media da noite chegará a entrega de premios no local Ribanzo de Ribadeo… cunha festa surfeira (proxección de vídeos, etc) para os máis noctámbulos a partir das once e media da noite.

O domingo 13 de marzo, a xornada de surf arrinca na praia de Rapadoira (Foz). Ven a surfear coa elite estatal e os nosos monitores. Se non tes material, non te preocupes, prestámoscho de balde. Iso si, para reservas de material, é necesario chamar: 982 120 064.

Blog do evento:

http://km0surfcamp.deputacionlugo.org

Facebook:

http://www.facebook.com/km0surfcampdeputacionlugo

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.