Oxígeno Surf procurar riders da Mariña pra formar un equipo

A Oxígeno Surf School está buscando xente xoven (-18) que lle guste o Surf e o Bodyboard e que teña pensado competir a nivel galego ou nacional. Esta escola da Mariña Lucense vai presentar un programa de apoio e sponsorización pra axudar con gastos de desprazamento e dietas, cotas de inscripción e federación e material de surf a tódo-los deportistas que seleccionen pra formar parte deste novo equipo.

En principio, buscan deportistas que fosen da Mariña ou Ortegal pero tamén están abertos a perfiles de outras partes da nosa costa. Oxígeno Surf School tamén está interesado en ofrecer sponsorización a deportistas xa consagrados que corran circuito Galego ou Estatal.

Se estás interesado nesta oferta podes enviarlles o teu curriculum deportivo ao seu enderezo electrónico:

David Díez Polo

Contacto: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Movil: 645873593/636277966

Web: http://www.oxigenosurfschool.com



Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.