International Surfing Day - 19 de Xuño

SURFING DAYO Día Internacional do Surf vai ter lugar o 19 de Xuño en diferentes praias da costa galega. Este evento celebrárase en máis de 300 praias do planeta e quere axudar a difundir os valores do surf e a súa cultura.

Na Rías Baixas tedes unha travesía de paddle surf organizada polo Prado Surf Clube, cursos de surf organizados polo Patos Surf Clube, e actividades de paddle na Ría de Pontevedra organizadas polo Tartaruga Surf Center.

En Porto do Son o Clube Arealonga vai dar clases gratis de surf "A túa Primeira Onda" con música en directo e exhibicións dos mellores e máis recoñecidos riders locais, limpeza de praias e outras actividades. Tamén podedes asistir en Malpica ao Surfing Day organizado polo Silfo Camps na Costa da Morte.

Segundo recibamos info destes eventos iremos publicando máis información.

Info do evento en Río Sieira:

http://www.facebook.com/event.php?eid=103785286382010

Info do Patos Surf Clube:

http://patosurfclub.blogspot.com/2011/06/surfing-day-2011.html

Web Oficial:

http://www.surfing-day.com

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.