1.600 € en Premios no Festival de Surf & Long de Pantín

Aínda estades a tempo de vos apuntar no Festival de Surf & Longueirón Pantín 2011. Vai haber 1.600 euros en metálico para os gañadores e polo de momento a inscrición de riders é baixa. Os gañadores de surf e Long levarán 300 €, os segundos 200 € e 100 € para os terceiros. Haberá 100 € para os ganadores na categoría de equipos.  Animádevos e participade neste evento importante do surf das Rías Altas. Pola noite podedes disfrutar dunha festa dos anos oitenta no pub Aqualón a pé de praia. A festa comeza ás 22:00 e ten entrada de balde.

PANTIN SURF

Este evento está organizado polo Pantín Surf Camp e a Federación Galega de Surf.

Tedes a info actualizada en:

https://www.facebook.com/pages/Pant%C3%ADn-Surf-Camp/89104086839

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.