O surf feminino está evolucionando a pasos axigantados e o que vimos hoxe en Pantín é alta competición. Canelle Bullard, Sofía Mulanovich, Malia Manuel, Courtney Conlogue, Rebeca Woods, Paige Hareb e Justine Dupont loitaron fortamente nas augas galegas pola victoria do Pantín Classic 2011.
Ao final soamente quedaron dúas surfeiras, a hawaiana Malia Manuel e a americana Courtney Conlogue. Nunha manga moi competida e unha actuación épica, Malia Manuel derrotou á campiona de Pantín do ano pasado. O resultado da manga foi 16.76 (Malia) e 14.34 (Courtney). A final foi de novo no pico do medio da praia, con ondas de dereita e esquerda de uns 1.5 metros.
A hawaiana de 18 anos meterase probablemente no tour das mellores surfeiras do mundo gracias a súa victoria en Pantín.
Máis info: