Elixe ao teu surfeiro local favorito pra que teña unha Wildcard no Campionato de Patos!

Xa podes participar na selección de dous surfeiros locais para que participen na praia de Patos na terceira proba Open do Circuito Galego! Só debes pasarche por West Peak (Avda. Camilas, 20, Vigo) antes do xoves ás 13:00 horas e votar polos teus surfeiros locais favoritos (máximo de dous surfeiros por votante).

Os dous surfeiros máis votados recibirán o WILDCARD da organización, competindo gratuitamente e entrando ademais con todas as honras, en Oitavos de Final como postos nº 15 e 16 do ranking respectivamente, como marca o Regulamento de Competición.

Tamén entrarás nun de dúas camisetas e terás bos descontos en material de surf,

Toda a info en:

http://clubgalegodesurf.blogspot.com/2011/10/elige-tu-surfista-local-favorito-de-el.html

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.