III Campionato de Surf e Bodyboard - Trofeo San Lorenzo

Acaban de presentar no Facebook a terceira edición do Trofeo San Lorenzo en Foz o vindeiro 10 de Decembro. Este campionato terá as modalidades de surf e bodyboard. Comezará ás 9 da mañá na praia de Peizas ata o solpor e logo pola noite nos locais de copas de Foz.

Haberá:

- Premios gordos aos mellores clasificados.
- Expression Session.
- Sorteos para todos os que se acheguen.
- Aperitivos.
- DJ's!
- Boas ondas, mellor ambiente e ganas de pasalo ben.

Podedes apuntarvospolo Faceebok directamente co voso Nome e Apelidos, DNI, enderezo e telefono. Estes datos son necesarios para cubrir o seguro deportivo. Os menores de idade precisas da autorización dos pais.

Boas Ondas!

Máis info e contacto:

http://www.facebook.com/events/304036686283925

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.