O Clube de Surf Prado Surf Escola organiza por terceiro ano consecutivo este evento incluído nas Clasificatorias do Campionato de España Promesas 2012, que terá lugar na Praia de Patos situada no Concello de Nigrán os próximos días 17 e 18 de marzo.
INSCRICIÓNS ABERTAS ATÉ O XOVES 15 MARZO ÁS 22:00 HORAS
Prezo da inscrición: 20€ a ingresar na conta:
2080 0526 72 3040009423 Novagalicia Banco
Pór no asunto NOME E APELIDO + CATEGORIA
Como en ateriores edicións o prezo inclúe comidas quentes para os competidores e que serán repartidas na mesma praia.
O MODELO DE COMPETICIÓN 2012
O modelo segue o mesmo formato instalado no 2011. Esta é a segunda proba clasificatoria Promesas, tras a celebrada na Fontanilla (Conil, Cádiz) e os campións de cada categoría gañarán unha praza para a Final do Campionato de España 2012 a celebrar o 12, 13, 14 de Outubro 2012. O resto de competidores sumarán puntos para o ranking promesas que contará as súas dous mellores resultados e servirá para completar a praza libres na gran final nacional. Un competidor unicamente poderá participar nunha modalidade/categoría, principalmente a correspondente á súa idade.
ALOXAMENTOS:
A opción que propomos como aloxamento para os competidores, clubs e familias é o Hotel Miramar ***, é un hotel que está moi ben, está a pé de praia en Praia América (Nigrán) e a escasos 3 km da praia de Patos onde se realiza a proba.As tarifas por noite son:
Habitación individual 35 €
Habitación dobre 40 €
Habitación tripla 55 €
Habitación cuádrupla 65 €
Almorzo buffet + 5 € / persoa
http://www.miramarhoteles.es/
Para contactar co aloxamento: 986 35 04 51
MAIS INFORMACIÓN DO EVENTO:
653929347 / 689 680 299