O pasado xoves 23 de febreiro partiu o team Riders 73, formado por Ignacio Guisasola, Miguel Morla e Alfredo Guimarei co seu adestrador Yago Chamorrro, á primeira proba do Circuíto Estatal de Surf na praia da Fontanilla, o Rip Curl Costa de la Luz 2012 en Cádiz. O Campionato comezou ás 10 da mañá o sábado 26, as condicións do mar foron boas, un pico de ondas de 1 metro, esquerdas e dereitas longas e maniobrables, o nivel da competicion foi moi alto con competidores vascos, galegos, canarios, cantabros, andaluces, etc...
O evento foi todo un espectaculo cun surf radical e moderno. Na categoria sub 14 os finalistas foron Arran Strong vencedor, segundo Pablo Aspiroz, terceiro Ignacio Guisasola e cuarto Javi Martínez. A final estivo moi disputada, liderada polo noso Ignacio Guisasola cun surf sólido e moderno, a falta de cinco minutos cambiaba a situación pasando Strong á primeira posición, Aspiroz segundo e Ignacio terceiro xa que non tivo a sorte de poder surfear outra onda con bo potencial para gañar a final.
En sub 18 hai que destacar a actuación de Miguel Morla que chegou a cuartos de final con moi boas puntuacións e Alfredo Guimarei que igualmente quedaba en cuartos de final, ambos con moi boa progresión no seu surf, con xiros agresivos e encadeados. Cabe destacar os bos resultados de Ignacio a nivel estatal e os seus dous titulos de campión galego sub 14 con tan só 12 anos.