Iº Anticampionato de Surf - Praia de Lóngara

Xa falta menos dunha semana para o Iº Puto Anticampeonato de Surf na Mariña da man do North Shore Clube e que promete morte e destrucción na praia de Lóngara o vindeiro 28 de Xullo.

O único campionato sen regras!!

O que importa é que pases a túa manga, o que non importa é como...

ANTIRREGLAS

Prazo de inscrición: 10:30 h do 28 de de Xullo de 2012. A esa hora finaliza o check-in. Todo aquel que poida confirmar con anterioridade a súa asistencia, por favor que o indique a calquera membro da organización.

Mangas: serán de 4 persoas e duración de 20 minutos. En función da afluencia de anticompetidores poderán reducirse a 15 minutos ou ampliarse a 25, o cal lles será informado os participantes finalizado o check-in.

Puntuación: puntuaranse as saltadas, caídas, interferencias, placajes, coalicións, indumentaria, táboa orixinal..., de todo, pero é imprescindible surfear ondas, é dicir, aínda que se obteña a maior puntuación mediante as antimaniobras, se non se surfea polo menos 2 ondas o anticompetidor queda automaticamente descualificado.

Gañadores: de cada manga pasarán dúas persoas, até a final onde se loitará polos 3º, 2º e 1º posto que recibirán os antipremios.

Tedes toda a info do evento no seu FAcebook:

https://www.facebook.com/events/395630047167480/

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com