CANCELADA! Os Castros

Tras tres intentos fallidos, e malia os grandes esforzos do clube Hola Ola!, dende a FGS vémonos obrigados a suspender definitivamente a proba de Os Catros. Unha vez máis por culpa da climatoloxía adversa. Esta vez o causante da suspensión é o temporal que afecta a toda a península e que impedía aos competidores chegar ao lugar onde se celebraba a proba.

O pago da inscripción seralle reembolsado a todas as persoas que o realizaron.

Comunicado da Federación:

A mañá do sábado amencía en Os Castros con condicións moi duras, con temperaturas baixas, fortes ventos e ondas que a primeira hora parecían practicables, algo que cambiaría ao longo da mañá. Ás 07:30 AM atopabámosnos en Os Castros seis compoñentes da FGS e tres do clube local Hola Ola! facendo os primeiros preparativos para dar comezo á última proba do Circuíto Caixa Galicia de Surf e Longboard.

Ás 08:00 a organización comezaba a recibir decenas de chamadas de competidores e xuíces que se atopaban de camiño a Ribadeo e que nos explicaban que lles resultaba imposible chegar ata alí debido ás duras condicións climatolóxicas, algúns ata acompañaban unha fotografía da estrada en mensaxes onde explicaban a granizada ou nevada que estaban presenciando
.

Ás 09:45, unha vez finalizado o periodo para confirmar as inscripcións, ¡tan só un competidor confirmara a súa asistencia á proba!, e decenas de competidores confirmaran telefónicamente a súa falta de asistencia, polo que o Comité de Competición víase obrigado a decidir a suspensión da mesma, sen aprazamento, debido á falta de datas para celebrala ao longo do 2008.

Abandonamos a praia de Os Castros co sabor amargo de non poder celebrar a proba, pero coa moral moi alta grazas á gran disposición e entusiasmo do clube Hola Ola!, o que nos fai prever unha gran proba en Os Castros durante o 2009. Dende aquí, unha vez máis, o noso agradecemento ao clube Hola Ola!

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.