Fortes críticas pra Federación Galega de Surf

Dende o Oeste chegan fortes críticas pra FGS por mor da súa actuación da semana pasada ao convocar unha proba do circuito galego o mércores as 13:45, finalizar o prazo de inscripción o xoves ás 13:00 pra suspendela o sábado polas fortes condicións meteorolóxicas.

A Federación emitiu un comunicado no web pero non chamou a xente por teléfono polo que moita xente gastou tempo, enerxía e diñeiro nun desprazamento sen sentido. Por un erro de organización moita xente saiu perxudicada. Esperemos que esta situación non se volva repetir.

 

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.