Levamos varias semanas esperando a resposta por parte da organización do Pantín Classic pero seica non queren responder unha pregunta tan sinxela. A resposta oficial debería ser que o organizador é un Clube sen animo de lucro 'Club Praia de Pantín' e que queren promover o deporte mais nos atopamos por internet que unha empresa 'Ferrolterra Gestión Deportiva S.L' faise pasar como o dono do dominio da web tal e como podedes ver no seguinte link:
Esta empresa foi creada en Xuño de 2009 e por moito que queremos saber que misión ten esta empresa na organización do evento parece que non nós queren responder. Curiosamente os administradores desta Sociedade Limitada son Miguel Galeiras e Marcos Rodríguez, coñecidos riders de Ferrolterra, e que son os organizadores do Pantín Classic mediante o 'Club Praia de Pantín' que ten o mesmo domicilio fiscal que a empresa 'Ferrolterra Gestión Deportiva S.L'. Supoñemos que isto son casualidades da vida...
Gustarianos coñecer a cantidade total de subvencións recollidas por este evento e saber como se gasta o noso diñeiro nun evento que debería ser o buque insignia do surf galego pero que non para de perder sponsor e patrocinios e agora é axudado polo Governo da Xunta do PP pra promover o turismo en Galicia xa que parece que os políticos soamente ven o noso xeito de vida como marketing pra atraer turismo. Como sempre o PPdeGalicia está sempre disposto a axudar aos que promocionan o turismo con cantantes andaluzas que cantan flamenco como Vega, a actuación do ano pasado no 25 aniversario do evento, xa que en Galicia non temos nin cantantes nin músicos parece ser..
Ata o ano pasado estaba na parte baixa da web do Pantín Classic no Aviso Legal que o evento estaba organizado pola S.L. mencionada pero este ano desapareceu coa nova web e de feito a nova web do Campionato incumpre a Lexislación estatal xa que non mostra nin aviso legal cos datos do dono da web nin info sobre a Protección de Datos.
Se a organización do evento é feita por un Clube sen animo de lucro que non ten nada que ocultar por que non responden as nosas preguntas?? Canto diñeiro move o Pantín Classic e cantas subvención recibe o 'Clube Praia de Pantín'?? Que empresas traballan no Pantín Classic e como son seleccionadas? Quen vixía o diñeiro público e as subvencións recibidas?
Seguiremos informando...
Info sobre o Clube Praia de Pantín: