Comezamos a semana falando sobre a forte polémica que existe en Ferrolterra pola concesión das 'Wild Cards' deste ano no Pantín Classic xa que a organización do evento, tal e como podedes ver na web da ASP Europe, deullas á filla dun dos organizadores do evento, Yolanda Rodríguez Aneiros, e a outra foi pra unha rider vasca Ainara Aynat da que non temos moito coñecemento. A terceira 'Wild Card' foi pra Justine Dupont e entregouna directamente a ASP xa que esta rider vai de terceira no ranking mundial.
Deste xeito, a millor rider galega e local de Ferrolterra, Erika Franco, quedou fóra do evento a pesar de ten o mellor palmarés deportivo acadado por unha surfeira galega. Pra sairen do paso a organización do Pantín Classic botou balóns fóra e dixo a prensa que as Wildcards son concedidas pola ASP cando isto non é verdade e podedes comprobalo na páxina web oficial da ASP Europe.
Finalemente parece que agora o Pantín Classic vai pagar a inscripción de Erika Franco no Pantín Classic pero claro vai ter que competir dende a ronda de 72 cando as dúas wildcards concedidas á Yolanda Rodríguez, fiila de Marcos Rodrígues e organizador do evento, e a rider vasca van saír a competir coas 48 millores e xa teñen asegurados 150$ ainda que rematen na cuarta posición.
Vídeo profile de Erika Franco - 2010
A ferrolá Erika Franco leva surfando dende os 9 anos de idade e xa con 14 anos foi campiona nacional sub-18, con 15 gañou o King of the Grooms, con 16 participoi coa selección española no ISA WORLD JUNIOR en Nova Celandia, no 2007 foi a milloor surfista galega no Pantin Classic, debe ter uns 10 títulos de Campiona Galega Junior e Open, e tamén recolleu o premio á millor surfeira ferrolá na Gala do deporte do Concello de Ferrol unhas 4 veces, ademáis de dúas mencións especiais como mellor promesa. No ano 2012 foi Subcampiona de España Open, Campeona da proba Mellor dos Mellores da FGSurf, campiona do Circuito Galego open e do Campionato Galego Open, 13ª no Circuito Europeo Woman e 19ª no Europeo Junior.... a pesar disto non foi invitada a participar no Pantín Classic.
Non podemos entender como pode ser que un evento galego prefira invitar a unha vasca descoñecida antes que a millor rider galega nin que intereses hai detrás desta invitación. Tampouco entendemos como un organizador pode meter a súa filla como invitada por moi ben que surfee xa que hai que saber guardar as formas e non aproveitar a posición pra favorecer aos amigos e familiares e menos perxudicando a terceiras persoas. Pero neste estrano país chamado Galicia todo é posible...
Seguiremos informando.
Links de interese:
Lista de participantes en PDF e mangas:
http://www.pro-surfing.com/alhunt/files/2013evt64.pdf
Info sobre que é unha 'Wild Card'
http://www.aspworldtour.com/about-asp/frequently-asked-questions/
"An event wildcard is a non-ASP World Tour surfer allowed to compete in the ASP World Tour event. The wildcard is typically awarded by the event sponsor. Awarding of the wildcard can take place through a trials event or through automatic entry at the discretion of the event organizer. Typical candidates for the ASP World Championship Tour Event Wildcard will typically come from the event sponsor’s team, the local area, or both. Not only do these surfers complete the seed list and/or fill in for injured surfers, but they also bring exciting new faces and challenges to the ASP World Tour elite."
Calendario ASP Europe e ranking ASP Europa Girls:
http://www.aspeurope.com/schedule/
http://www.aspeurope.com/rankings/womens-star-ranking/