A Deputación de Pontevedra volve dar diñeiro a un clube de Ferrol pra organizar un campionato de surf na Lanzada

A Lanzada surf

Algúns levan anos solicitando axudas á Deputación de Pontevedra pra organizar eventos de surf pero outras persoas en menos de sete meses conseguen organizar dúas probas de surf na mesma praia sen reunir as condicións de calidade pra ter unha proba ASP Junior. Non sabemos como pasan estas cousas nin canto diñeiro van levar este ano mais é sorprendente como en menos dun ano poden organizar o segundo Rías Baixas Pro na Lanzada.

Este ano volvermos a Pontevedra pra solicitar información no rexistro da Deputación, recientemente rexistrada pola policia nacional dentro da Operación Patos en busca de probas de amaños de contratos nas obras de varios campos de futbol na provincia. Supoñemos que non teremos outra resposta que o silenzo administrativo pero non cansaremos de denunciar este tipo de probas en praias que soamente queren facer campaña turística e que son organizadas por un clube que non pertence a provincia de Pontevedra.

Eventos como o 'Hawai na Lanzada' morreron por falta de axudas e tamén queremos destacar que na Ría de Pontevedra non se celebran probas do Circuíto Galego de Surf pero seica potencia un surf de competición elitista sen dar axudas a clubes locais nin a Federación Galega de Surf que traballa todos os días pra formar e facer canteira.

Que ten o Pantín Surf Clube que non teñan os outros clubes de Pontevedra e Vigo pra recibir estas axudas? Cantos cartos van destinar este ano a outro evento de suf nunha praia que non reune as condicións necesarias pra unha proba europea?

Artigos relacionados:

http://www.aspworldtour.com/posts/29536/pontevedra-galicia-to-host-europe-s-first-qualification-series-event-of-2014

http://www.surfgz.com/surfing/campionatos/3018-canto-vai-gastar-a-deputacion-de-pontevedra-na-proba-asp-da-lanzada.html

Foto: Benito Oliveira - Photosurf

{fcomments}

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com