Gony Zubizarreta vai capitanear o equipo penínsular do Red Bull Rivals

Gony Zubizarreta vai ser o capitán do equipo peninsular que loitará contra o equipo canario liderado por Jonathan González no primeiro Red Bulls Rivals.

Este evento disputarase en dous spots sen definir e promete ser un dos mellores espectaculos surfeiros do ano fóra dos circuítos oficiais que xa todos coñecemos.

Dende aquí desexamos que Gony poida levantar o trofeo e celebrar a victoria pero vai ser complicado por mor do nivelazo dos riders canarios que todo o ano surfean ondas máxicas na súa costa.

Podes inscibirte e participar no evento na súa web: http://rivals.redbull.com

Foto e info relacionada en: http://gonyzubizarreta.blogspot.com.es/2014/02/red-bull-rivals-canaria-vs-peninsula.html

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com