Despois de ter que surfear durante dúas semanas pola ría de Ares (Cirro, Miño e Perbes), onte, xoves 29 de xaneiro, saíron boas ondas en Lago (Valdoviño). Eiquí tedes unhas fotos da nosa campiona Flavia Braña surfeando esta onda.
Fotografías feitas por Gabriel Braña.