Horario das mangas do Campionato da Lanzada

Acabamos de recibir o seguinte comunicado da organización do Campionato Local que se vai celebrar na praia da Lanzada o vindeiro día 7 de Febreiro.

O Raspas Corchos Clube de surf, o site de internet www.oestesurf.com e a marca de táboas de surf Zorlak Surfboards, organizan o vindeiro sábado 7 de febreiro, o Campionato Local A Lanzada de surf. As probas, nas modalidades de surf, longboard e bodyboard, comezarán ás dez da mañá e durarán todo o día. Neste Campionato, no que colaboran institucións como o Concello do Grove e patrocinadores privados, como as surfshop Mission e Porto Escondido, a marca de roupa Rei Zentolo, a Fuga de Blas, Coca Cola ou a escola Surf Galicia, participan os mellores surfeiros de Pontevedra.


Para chegar até a final, os competidores deberán superan varias mangas de catro participantes en cada unha delas. Espéranse boas condicións de mar e vento para o sábado e unha importante asistencia de público."

Horario previsto (suxeito a modificacións segundo desenvólvase a proba)

10:00 a 11:00 1ª manga de surf (4 x15 min, pasan os 3 primeiros)
11:00 a 12:00 1ª manga de body (4 x15 min, pasan os 3 primeiros)
12:00 a 13:00 cuartos de surf (4x15 min, pasan os 2 primeiros)
13:00 a 14:00 cuartos de body (4x15 min, pasan os 2 primeiros)
14:00 a 14:40 semis de longboard (2x20 min, pasan os 2 primeiros)
15:00 a 15:30 semis de surf (2x15 min, pasan os 2 primeiros)
15:30 a 16:00 semis de body (2x15 min, pasan os 2 primeiros)
16:00 a 16:20 Final de Long (20 min)
16:20 a 16:40 Final de Body (20 min)
16:40 a 17:00 Final de Surf (20 min)

Para máis información:

Sergio Lage: 691208338
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Artigos recentes:

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.