Resultados e fotos do Jagüai en Montalvo

O Jaguai en Montalvo foi un éxito de participación con practicamente a totalidade das inscripcións cubertas, moitos sponsors na praia e deceas de persoas congregadas pra celebrar o mellor evento de surf na Ría de Pontevedra deste ano. Unha organización excelente e moi bo ambiente na praia como ten que ser neste tipo de evento onde o importante é pasalo ben e non gañar diñeiro. Fotos feitas polos fotógrafos oficiais do evento: Benito Oliveira & Jorge Touriño.

Sergio Lage, pai e fundador do Jaguai en Montalvo co campión do día Pipo Domínguez.

Pablo Fernández - Foto: Jorge Touriño

A esta cita acudiron moitos riders locais e disfrutaron de ondas perfectas e rápidas na praia de Montalvo.

Na categoría de surf o vencedor foi Oscar Babé seguido de Javier Triana, Adrián falcón e Pablo Espósito. Na proba invitacional o gañador foi o mítico rider pontevedrés Pipo Domínguez seguido de Milo Castelo, o rider do Barbanza Marcos Henrich rematou de terceiro, cuarta posición para Dani rodríguez. Tamén participaron nesta proba Hugo, Chamo e Luis ansín.


En Longboard de novo Pipo foi o vencedor da categoría por diante de Iago Bueno, Pablo Couto e Sebas.


Na categoría de Surf feminino o resultado foi Alejandra, Lucia Cantero, Katerina Hausser e Alba Yobes.

Os resultados de bodyboard foron: Jimy Martínez, Javi Pazos. David Vallejo e Alfonso Escaloni.

Fotos de Jorge Touriño con 960 fotos do evento e entrega de premios e concerto:

https://www.facebook.com/jorge.tourino/media_set?set=a.535320723256907.1073741968.100003369532806&type=1

Fotos Surf - Benito Oliveira

https://plus.google.com/photos/112864658135557232647/albums/6013169981172780465

Fotos Bodyboard - Benito Oliveira

https://plus.google.com/photos/112864658135557232647/albums/6012852585789721585

{fcomments}

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com