Resultados do MCT014 - North Shore Surf Club


O sábado 24 de maio celebrouse o segundo MCT, edición 014 Mariña Championship Tour invitacional. Este ano o campionato local con 28 invitados comezou ás 9 da mañá cunhas condicións perfectas, ondas de metro e medio con algunha serie máis grande, vento sur e sol. A destacar nas primeiras mangas un tubo limpo de Luís Fernández, boas ondas para todos en todas as mangas, algunha cazada coas series grandes e remontadas épicas como a de Miguelón.

Pasando mangas caía o campión do MCT do ano pasado, o grandísimo Luís Escolar e algún favorito máis. Na final a elección das ondas foi a clave e a clasificación quedou así.

1- Ricardo "Ris".
2- Jairo.
3- Rafa.
4- Borja.

Os catro finalistas do MTC014

Excelentes condicións na praia de Fontela-Balea


Destacar a actuación de Rafa Rivero levándose o terceiro posto demostrando que a ilusión e a motivación non entenden de idades. Moitísimas grazas aos colaboradores: TAPERIA O CASTRO, OLA!, ONDA, HOTTIES WETSUITS, ESTAGLASSY, ILLA NOVA HOTEL FOZ, CONCELLO DE BARREIROS MANOLO CADRAMON (GRAZAS POLOS TROFEOS)

Tamén ao equipo de xuíces, staff técnico e por suposto a todos os socios do NORTH SHORE SURF CLUB.

XA NOS TARDA O MCT015!!!!!!!!!!

Tedes todas as fotos en:

https://www.facebook.com/media/set/?set=a.643133209095924.1073741833.191350530940863&type=1

https://www.facebook.com/pages/NORTH-SHORE-Surf-Club/191350530940863?ref=stream&hc_location=timeline

{fcomments}


Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.