Luís Ansín vence no Campionato de Balieiros


Onte tivo lugar na praia de Balieiros no Concello de Riveira, a proba do Circuíto Galego de Surf 2014 con moi boas ondas. Uns 25 competidores achegáronse pra surfear en condicións duras con ondas dun metro e algo de corrente no mar. Despois dunha mañá intensa de competición o rider pontevedres Luís Ansín venceu nunha final moi disputada na que resultou segundo Juan Fernández da Coruña. Diego Álvarez foi tercero seguido de Toke, rider local que fixo un tubazo en semifinais e demostrou ter moi bo nivel en competición.

Luís Ansín voando uns instantes antes de comezar o campionato

Tubazo de Toki - Foto: Stinky Tofu Surfboards

En Masters, outro mítico pontevedrés, Sato foi o vencedor seguido de Derick Rey. Alegrounos moito atoparnos a Moncho e Sato competindo de novo nunha proba galega e polos seus resultados.

Take off de Sato na final Master

Entraban boas series en Balieiros

En chicas a ferrolá Isabel Gundín foi a vencedora gañando un premio especial na casa de turismo "Os Roxos" na parroquia de Xuño. Este ano houbo semifinais e final de chicas que resistiron moi ben a forza do mar.

As catro finalistas, Isa, Cris, Alba e Kathy.


Tedes todas as fotos do evento en:

https://www.facebook.com/SurfGZ/media_set?set=a.10202457770913508.1073741850.1471364408&type=1

Moitas grazas a Federación Galega de Surf, Concello de Riveira, Manuel Camaramar, Alex Stinky Tofu, Anxo polos bocatas, Electro Vidal polo xenerador, Hostal Balieiros, aos participantes do evento, protección civil de Riveira e a todo o público que pasou o domingo polo evento.

{fcomments}


Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.