DESAFIO FONTENLA: Galician big Waves

Publicamos un comunicado de Dani Rodríguez sobre un novo evento surfeiro nas Rías baixa: Aínda queda tempo para que entre un maretón, e para os que estean interesados en participar nunha proba amateur con ondas que roldarán os tres metros nace o: " SESION DESAFIO FONTENLA ". O obxectivo é surfear o spot en condicións boas de mar e vento, xa teñen o apoio de MISSION Surf Shop.

Non se trata dun campionato convencional, tentaranse puntuar polo menos tres categorías de premios que poden ser: (mellor onda, mellor surfer, mellor wipe-out). As puntuacións daranas os propios participantes tras visionar o vídeo da sesión. Desde hai uns anos levamos surfeando un spot pouco coñecido "O Fontenla". Desde logo, non se trata dunha onda world-class, a onda non sempre abre e as poucas veces que rompe adoita ser con vento on-shore en días grises e chuviosos e iso sumado de lonxe que rompe fai que surfearla sexa un pequeno desafio. Doutra banda a quen nos gustan as ondas de certo tamaño (3 metros máis ou menos)é un sitio guapo onde se poden facer unhas boas baixadas.

Debido ao caracter amateur da convocatoria terá que facerse coincidindo coa fin de semana e ademais restrínxese o número de participantes a 12 para que todo sexa máis áxil, de momento esta é a lista de surfeiros que confirmaron: (o día da proba é probable que falle algún así que se abre unha lista de seis suplentes)

  • Hugo Fernandez
  • Antonio Ventín (Perry)
  • Felix Iribarne
  • Gony Zubizarreta
  • Nicolás Pérez
  • Milo Castelo
  • Daniel Casais
  • José Pampín
  • Dani Rodríguez
  • Yago Chamorro
  • Pipo Dominguez

Ábrese hoxe día 12 de febreiro o período de espera que concluirá o 17 de Maio.

Necesítase un buén mar de fondo do oeste canto máis mellor. Seguiremos informando.... 

Aqueles que estean interesados en participar poden enviar un mail a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no número 639 837262.

Fonte orixinal: http://lanzadawindsurf.blogspot.com/2009/02/sesion-desafio-fontenla.html

Fotos de Alberto Prieto

Máis info sobre esta onda:

http://surfercosmovision.blogspot.com/2008/01/el-ojo-de-berto-y-en-el-agua-las-de-can.html

 

Artigos recentes:

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.