Surfeiros salvan varias vidas nos areais galegos que non contan con servizos de socorrismo

Tal e como recollemos de varias denuncias no Facebook este pasado domingo un grupo de surfeiros no que estaba Albín Fonsin salvaron das correntes a catro bañistas que se atopaban en perigo en Río Sieira en Porto do Son. Yago Chamorro tamén rescatou a unha chica en apuros no Vilar o venres e Diego García Cela axudou a un rapaz en problemas o xoves no Vilar.

Benito Oliveira denuncia no seu Facebook un grave accidente ocurrido na praia de Montalvo cando unha onda orilleira lanzou unha barca a pedais contra unha rapaza que recibiu un forte impacto na perna e tivo que esperar a ser socorrida por unha ambulancia xa que non había servizos de auxilio nas praias.

Outro ano máis observamos como non hai servizos adecuados de socorrismo nas praias galegas ao comezo do verán. As praias cheas de xente e nenos e naide que os axude en caso de problemas. En Australia o socorrismo é unha carreira profesional. En Galiza o persoal contratado non chega nin a mileurista e soamente traballan dous meses sen importar aos políticos os riscos para as vidas das persoas que usan os nosos areais.

Foto do artigo e máis info sobre os servizos de salvamento australiano en:

http://www.surflifesaving.com.au/about/what-we-do

{fcomments}

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.