Galiza rematou en segunda posición no Campionato Autonómico celebrado a pasada fin de semana na praia de Doniños grazas a unha excelente actuación dos seus participantes na competición. O día comezou con ondas pequenas pero o mar foi subindo e nas finais houbos ondas moi boas. O equipo canario volveu gañar e demostrou a súa superioridade.