Luis Rodríguez - Todo comezou co anuncio da alerta verde da vaca XXL. Automaticamente fixen un plan para a semana seguinte poder facerlle unha visita o meu shaper Gilito de Watsay e coller uns foams en Eurofin de 10'6'' e 9'6'' para preparar os meus guns en Watsay. Chegado o día, o parte prometía para Mundaka e Isio (cámara profesional) díxome que podería estar épico.
O plan era claro, saír de casa ás 3 da mañá dirección Mundaka, coller foams, e volver a surfear esta marabillosa onda e visitar Watsay. Poder gozar desta marabilla con bos amigos como Aritz Aranburu, Mario Azurza, Indar unanue... con eses tubos e apenas xente é un agasallo demasiado perfecto para non repetilo.
Despois de surfear, coller os foams e volver á auga diríxome a Wat say e unha vez alí e despois de coller unhas táboas e estar co shaper chegou o mellor momento da viaxe. Un 9'3'' listo para enfrenterme á Vaca.
Aloxado xa no hotel proporcionado pola organización puidemos gozar dunha cea todos os competidores xuntos (cousa pouco habitual nun campionato). Á mañá seguinte o mar estaba enorme, lembro os comentarios de todos en xeral (prefiro non pensalo porque se o penso igual non entro) e de Óscar "o Loco" organizador e descubridor da onda "deixémolo entre 6 e 7 metros".
O campionato ten o mesmo formato que o invitacional Eddie Aikau. Todo o mundo surfeaba 2 roldas e o ranking final elabórase coa suma das 4 mellores ondas. Desde o principio a xente deu o callo seriamente, eu fun na manga 5 onde puiden coller 3 ondas normais.
Na segunda rolda (número 4) o mar xa estaba máis limpo e ordenado e tiven a sorte ademais de compartila con bos amigos, coller ondas de bo tamaño e sacar boas puntuacións. O cal me fixo alcanzar un ranking final de 21 dun total de 36 participantes. Condicións épicas, sistema de rescate de 10.
Por último agradecer á organización, ao equipo de rescate, a todos os participantes e a toda a xente que me animou minuto a minuto.
Até o ano que vén!
Moitas grazas a Luis Rodríguez polo texto e a Irene polas fotos.
{fcomments}