G
De novo o Surf Clube Viana presenta o XIX Luso Galaico, un clásico campionato entre surfeiros galegos e portugueses e que este ano terá lugar nos vindeiros días 23 e 24 de setembro na Praia de Arda en Afife, Viana do Castelo. O Luso Galaico é organizado polo Surf Clube de Viana dende 1998, e estivo sempre asociado a momentos marcantes do Noroeste Peninsular, como foron: o Prestige "Nunca Máis", o Dia da Marinha Portuguesa , os 750 anos da Cidade, as Initiatives Océanes da Surfrider Foundation, Dia Europeu do Mar, etc.. e é un dos máis antigos eventos de surf da Península Ibérica.
O LG 2017 vai contar con competicións nas categorías de Surf, Bodyboard, Longboard e SUP e aproxima ós xoves de ambas rexións, Norte Portugal e Galiza, nun cadro competitivo, festivo e de amizade.
A 19ª edición do LG homologada pola Federação Portuguesa de Surf e ten o apoio da Cámara Municipal de Viana do Castelo, Capitania do Porto de Viana, Quiksilver e Roxy.
Pra inscribirse hai dúas opcións:
LINK: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdDmhJca5ncponNbhVoMz3r7Xngcm1_Hog4sc-UZw5yIj7svw/viewform?usp=sf_link
EMAIL: