O vindeiro venres 25 de agosto despediremos a tempada estival co Campionato noveis Alumisel. Participar en competicións é emocionante e pode achegar moito aos novos iniciados no surf, por iso, organizamos un torneo aberto aos nosos alumnos, no que poderán comprender as regras e particularidades da competición. Haberá ademais, entrega de diplomas e premios para os participantes. Ondas, música e diversión! E como o surf é para nós moito máis que un deporte, queremos celebrar esta xornada difrutando de música en directo, compartindo momentos #máxicos e celebrando a amizade cunha festa da espuma.
CATEGORÍAS: Starter (Primeira experiencia en campionato) / Promesas (Alumnos con experiencia noutras probas)
INSCRICIÓNS: 5€ (Inclúe dereito a participar, comida e diploma)
CANDO: Esperámosche o venres 25 de agosto na nosa escola de Patos (Praia de Patos, S/n, 36350 Nigrán)
ONDE: Prado Surf Escola. Praia de Patos, S/n, 36350 Nigrán.
INFORMACIÓN: Tlfs: 636 024 702 / 653 929 347 / 689 680 299 - E-mail:
COLABORAN: Hi Surf, Waira Patos, Federacion Galega de Surf, Federación Española de Surfing, O'Neill e Deputación de Pontevedra.
+ info en:
https://www.facebook.com/events/195775514293585